ESTE ANO O SAN XOAN NO PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA
Dentro das actividades do festival "The Wild", os seus organizadores van preparar unha sardiñada este venres 23 de xuño; sardiñas que estarán no seu punto a prezos populares sobre as 21:00 h.
Dende a Asociación veciñal de San Miguel de Oia, queremos apoiar a este grupo de entusiastas da parroquia, que traballan duro para que "The Wild" se consolide ano tras ano, como o festival na natureza de referencia do verán galego.
Nos pasquíns adxuntos, poderedes atopar un resumo das actividades deste longo fin de semana no monte de San Miguel de Oia.
Animámosvos a participar e desfrutar.
Grazas polo voso apoio.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario