Bos días.
Retomamos
actividade no local social de San Miguel de Oia. Dende esta tarde as 15:00h
abrimos a cantina e dende o luns 1 de marzo retomamos as actividades. En canto
os horarios de oficina, encontraredes alguén da Directiva, para calquera
trámite, todos os días a partir das 18:00 h, de luns a venres.
Todo elo
segundo as directrices marcadas no decreto da Xunta, publicado no DOG 38-BIS do
25/02/2021.
Pouco a pouco,
imos normalizando a situación, sempre con cautela e responsabilidade,
respectando en todo momento cada un de nos, as medidas de seguridade e hixiene
que fan do noso Centro Social, un lugar seguro.
Animámosvos a
espertar con sentidiño deste pesadelo e a retomar as vosas vidas, aínda que
sexan un pouco diferentes.
A Directiva da
AVV de San Miguel de Oia, quere transmitirvos unha mensaxe de esperanza,
sabendo que o futuro será o que todos nos queiramos que sexa.
Grazas polo
voso apoio
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.