CALENDARIO DE ACTIVIDADES

lunes, 1 de marzo de 2021

APERTURA DA CANTINA

 

Bos días.

Retomamos actividade no local social de San Miguel de Oia. Dende esta tarde as 15:00h abrimos a cantina e dende o luns 1 de marzo retomamos as actividades. En canto os horarios de oficina, encontraredes alguén da Directiva, para calquera trámite, todos os días a partir das 18:00 h, de luns a venres.

Todo elo segundo as directrices marcadas no decreto da Xunta, publicado no DOG 38-BIS do 25/02/2021.

Pouco a pouco, imos normalizando a situación, sempre con cautela e responsabilidade, respectando en todo momento cada un de nos, as medidas de seguridade e hixiene que fan do noso Centro Social, un lugar seguro.

Animámosvos a espertar con sentidiño deste pesadelo e a retomar as vosas vidas, aínda que sexan un pouco diferentes.

A Directiva da AVV de San Miguel de Oia, quere transmitirvos unha mensaxe de esperanza, sabendo que o futuro será o que todos nos queiramos que sexa.

 

Grazas polo voso apoio



Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer