CALENDARIO DE ACTIVIDADES

martes, 12 de diciembre de 2023

JORNADA GASTRONOMICA




 

FESTIVAL DE NADAL


 

MERCADILLO DE NADAL


 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA E PÚBLICA, COMISIÓN DE FONDOS – FESTAS DOS LIÑARES    

 Bo día.

Dende a Asociación de Veciños, difundimos esta convocatoria a toda a veciñanza de San Miguel de Oia polo interese xeral suscitado.

A xuntanza terá lugar no palco do torreiro dos Liñares.



DATA: Domingo 17 de decembro, 2023

HORA: 1ª convocatoria 11:00h

2ª convocatoria 11:30h

LUGAR: Palco dos Liñares (Torreiro dos Liñares)

puntos do día:

1º- Renovación de membros da Comisión de Fondos

2º- Presentación de contas Comisión de festas 2022

3º- Presentación de contas Comisión de festas 2023

4º- Presentación de contas da Comisión de Fondos (2022-23)

5º- Previsión de gastos 2024: reformas e mantenemento

6º- Chamamento a unha nova Comisión de festas para 2024

7º- Rogos e preguntas


Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

sábado, 18 de noviembre de 2023

CINEFORUM

 Este sábado 18 de novembro, ás 18:00 h, nova sesión de cinefórum cunha gran película do cine dos 60`s: “LOS PARAGUAS DE CHERBURGO”, protagonizada por Catherine Deneuve, Nino Castelnuovo e Anne Vernon


Coma sempre, despois da proxección, haberá un interesante debate-coloquio na mesma sala.




Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 13 de octubre de 2023

CINEFORUM

 

Este sábado 14 de outubro, ás 18:00 h, nova sesión de cinefórum. Desta volta, poderemos gozar da película: “EL PROFESOR CHIFLADO”, protagonizada por Jerry Lewis.

Coma sempre, despois da proxección, haberá un interesante debate-coloquio na mesma sala.



viernes, 8 de septiembre de 2023

PRESENTACION ACTIVIDADES

 

Este venres 08 de setembro ás 19:30h, imos dar entrada oficial ao novo curso de actividades 2023/2024. Como tódolos anos nestas datas, faremos unha presentación no auditorio, onde explicaremos os detalles e novidades da nova temporada.

Podes probar sen compromiso calquera das actividades, tanto as novas como as de sempre, xa sexa para aprender, coidar o teu corpo ou as túas emocións. Temos unhas incribles instalacións, un acolledor ambiente veciñal e diversidade para tódolos gustos. Non deixes pasar a oportunidade de probar un día.

Grazas polo teu apoio.

 

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.


viernes, 7 de julio de 2023

FESTIVAL BANDAS DE MUSICA


 

Este sábado 8 de xullo ás 19:30 h, no auditorio de San Miguel de Oia.

Cita inesquecible coa mellor música en directo.

Paixón pola música, paixón pola nosa cultura.

 

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 23 de junio de 2023

SAN XOAN THE WILD

 ESTE ANO O SAN XOAN NO PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA

Dentro das actividades do festival "The Wild", os seus organizadores van preparar unha sardiñada este venres 23 de xuño; sardiñas que estarán no seu punto a prezos populares sobre as 21:00 h.

Dende a Asociación veciñal de San Miguel de Oia, queremos apoiar a este grupo de entusiastas da parroquia, que traballan duro para que "The Wild" se consolide ano tras ano, como o festival na natureza de referencia do verán galego.

Nos pasquíns adxuntos, poderedes atopar un resumo das actividades deste longo fin de semana no monte de San Miguel de Oia.

Animámosvos a participar e desfrutar.

Grazas polo voso apoio.

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.


EXCURSION


 

martes, 13 de junio de 2023

CINE NO LOCAL SOCIAL

 

Este venres 16 de xuño ás 20:00h, no Auditorio de San Miguel de Oia, temos un compromiso co medio ambiente. Proxectaremos a película “Alegría” de Luís Otero Zarazo, que nos fará viaxar pola Costa da Morte, rememorando os días e as consecuencias do naufraxio do Prestixe.

Esta actividade está enmarcada no arranque do gran festival na natureza “The Wild”, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de xuño no Parque Forestal de San Miguel de Oia.

Agardámoste este venres, e lembra que sen ti nada ten sentido. Entrada de balde ata acadar aforo (427 butacas).

Grazas


Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.



miércoles, 31 de mayo de 2023

FESTIVAL FIN DE CURSO


 Este sábado 3 de xuño ás 19:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, gran festa exhibición de actividades. Participa neste sensacional día, no que algúns dos distintos grupos de actividades desenvolvidas no local social, van culminar o curso da mellor maneira, compartindo o seu saber facer con todos nós.

VIAJE POLO DOURO

 *17, 18, 19 y 20 SEPTIEMBRE 

Gran viaje en crucero por el Duero * , desde Peso da Regua ( Portugal) a la Frontera de Salamanca.  Desayuno a bordo y comida, rura con vista preciosas. Y tour en la provincia de Salamanca para visitar las siguientes poblaciones: Alba de Tormes, Guijuelo, Ledesma , Hervas y Salamanca . Vendrás fascinado/a. Todo incluido  : autocar , crucero con desayuno y comida a bordo,  resto de los días hotel en pensión con excursiones y visitas a los lugares indicados. No hay habitaciones individuales.  Precio 355 euros

* al hacer la reserva se entrega 150€ *y se reserva en este ☎️ 600402223 o en la asociación de lunes a viernes de 18:00 a 20:00



viernes, 26 de mayo de 2023

CINEFORUM,


 Nova sesión de Cinefórum no auditorio de San Miguel de Oia, este sábado 27 de maio ás 18:00h. 

Desta volta, a cineforummanía alíase con  "Rufufú da el golpe". 

Non o esquezas, sen ti nada ten sentido.

E coma sempre, de balde ata acadar aforo (427 butacas).



sábado, 22 de abril de 2023

FESTIVAL FOLK


 

Bo día.

Un dos selos de identidade de Galicia, é a nosa música folk, por iso queremos convidarte este sábado 22 de abril, ás 18.00 h, no auditorio de San Miguel de Oia, a desfrutar do noso xeitoso festival folk. Non o podes perder, porque é da casa coma os mellores ovos, e porque actúa a nosa xente con moita ilusión.
Lembra que nada ten sentido sen ti.
De balde ata acadar aforo (427 butacas).
Grazas pola túa participación.

 


Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 13 de abril de 2023

TEATRO

 

Este sábado 15 de abril ás 20:00 h, vas poder desfrutar dunha das mellores producións teatrais do momento, da man da compañía “DE STE XEITO” que traerá unha boa dose de risas, coa súa suorenta comedia “RUNNING” . En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

Que non cho conten, comparte cultura e entretemento. Auditorio de San Migue de Oia para o mundo.

Entrada libre de balde ata acadar aforo (427 butacas)

Lembra que nada ten sentido se ti.



HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer