CALENDARIO DE ACTIVIDADES

viernes, 19 de abril de 2024

TEATRO


 Este sábado 20 de abril ás 19:00 h, teremos o privilexio de recibir a Camaux, coa súa obra “EL PODER DE LA ESPADA DE CONAN”. Camaux é un grupo de teatro moi peculiar, cunha mensaxe de valores sociais para todas as idades, pensado para toda a familia.


Non o dubides, desfruta da programación cultural da túa Asociación Veciñal.


Coma sempre, de balde ata acadar aforo.


Grazas polo teu apoio.



Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

miércoles, 27 de marzo de 2024

CINEFORUM


 Este sábado 30 de marzo ás 18:00 h, teremos a oportunidade de gozar do xenial cine de humor do entrañable Mario Moreno “Cantinflas”, coa película “EL ANALFABETO”. Ademais, se queredes afondar na temática, estades invitad@s a participar no debate coloquio que sempre xorde despois da proxección.


Que mellor plan para este sábado de Semana Santa, e se chove que chova. Vémonos este sábado.


Grazas polo teu apoio.



Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 21 de marzo de 2024

CONCIERTO


 Este sábado 23 de marzo ás 19:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, poderemos gozar dun espectáculo musical inesquecible, froito do traballo apaixonado de tódolos membros da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia. Nesta ocasión tan especial, a súa banda de música celebra seu 92 aniversario, coa excepcional colaboración de Eduardo Nogueroles (Tuba solista) e Juan Carlos Díaz (Narrador). Dirixe Pedro Villarroel.


Non o perdas, entrada libre ata acadar aforo.



Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 14 de marzo de 2024

TEATRO


 Este sábado 16 de marzo ás 19:00 h, comedia teatral no auditorio de San Miguel de Oia.


Desta volta as risas están garantidas da man de “Fauna 113”, coa súa nova obra “OS VECIÑOS DO LADO”.


Non o esquezas, o mellor está ben preto. Entrada libre ata acadar aforo (427 butacas)




Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 7 de marzo de 2024

CHARLA SOBRE NUTRICION






 abendo que os bos hábitos de nutrición son unha inmellorable ferramenta de calidade de vida, propoñémosvos un novo obradoiro formativo, impartido por Carlota Muñoz, nutricionista do SERGAS.


Desta volta, imos tratar os “MITOS E ERROS DA ALIMENTACIÓN”


Será o MARTES 16 DE ABRIL DE 17:30 h A 19:30 h, NA AVV DE SAN MIGUEL DE OIA.


inscrición gratuíta, chamando ao tel: 600 40 22 23, ou nas oficinas da avv de luns a venres de 18:00 h a 20:00h.


Prazas limitadas


Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 29 de febrero de 2024

TEATRO


 Este sábado 2 de marzo ás 19:00 h, poderás gozar dunha sensacional comedia teatral no auditorio de San Miguel de Oia.


Desta volta será o grupo de teatro “Arte Pingüe” coa súa nova comedia “MICROVIDAS”, garantía de bo rollo e risas.


Non o esquezas, o mellor está por vir.  Patrocinado pola Deputación de Pontevedra, entrada libre ata acadar aforo.



Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 15 de febrero de 2024

ASAMBLEA XERAL


 

CINEFORUM


 Bo día.


Este sábado 17 de febreiro, ás 18:00 h, nova sesión de cinefórum coa película “Un viaje alucinante”


Temos un aliciente engadido, para que a túa experiencia visual sexa aínda máis emocionante => Con esta película, imos estrear a nova pantalla de cine instalada estes días.

jueves, 1 de febrero de 2024

TEATRO


 Este sábado 3 de febreiro ás 19:00 h, en exclusiva para o mundo, no Auditorio de San Miguel de Oia, “The Lunatics Theatre Company”, representando dúas das súas novas comedias teatrais en Inglés, cun especial estilo que vai máis alá das verbas, complementadas con imaxe, son e comunicación non verbal, para que non perdas detalle.


No deixes pasar esta oportunidade de botar unhas risas, mentres espertas ese inglés agochado que levas dentro.




Saúdos cordiais


Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 19 de enero de 2024

TEATRO

Este sábado 20 de xaneiro ás 19:00 h, ven cos teus a gozar do mellor teatro do mundo, no auditorio de San Miguel de Oia.

Non te perdas “A TABERNA SEN DONO” unha xenial comedia dirixida por Alejandra Abreu e interpretada polo sempre maxistral grupo teatral “Helios de Bembrive”


 


HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer