CALENDARIO DE ACTIVIDADES

viernes, 30 de septiembre de 2022

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

 Bo día.

Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, convocada para o domingo  02/10/2022 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.

ORDE DO DÍA:

1)      Litixio urbanístico de Cabo Estai:

Explicación da situación actual e dos recursos interpostos tanto en vía administrativa como xudicial, para o que precisamos a aprobación da Asemblea de Socios.

2)      Segundo o artigo 17 dos nosos estatutos, o mandato da Xunta Directiva será por 4 anos.

Sabendo que en setembro/2022 cumprimos 4 anos, procede poñer os cargos a disposición da Asemblea de Socios, para que poida xurdir un novo Equipo Directivo.

NOTA: Segundo os nosos estatutos, a convocatoria da asemblea, xa fora anunciada en tempo en forma con máis de 15 días de antelación. Con este novo aviso por email preto do día da asemblea, queremos pregar unha vez máis a túa participación activa este domingo.


 Grazas de antemán pola túa asistencia e colaboración.


Saúdos cordiais:

Asociación veciñal de San Migue de Oia

 


viernes, 2 de septiembre de 2022

MONOLOGO

 

Boas tardes.

Comezou setembro, e comezan os eventos na túa asociación veciñal. Desta volta, queremos convidarte a botar unhas risas co monologuista Hermen&Gildo, porque a risa é o mellor antídoto natural contra a o aburrimento e a tristura, ademais é de balde.

Agardámoste mañá sábado 03/09/2022 ás 20:30 h, no auditorio de San Miguel de Oia.

Grazas polo teu apoio.

 

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.



HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer