CALENDARIO DE ACTIVIDADES

miércoles, 25 de junio de 2025

RECOMQUISTA DE TORALLA


 A Constitución e o resto do ordenamento xurídico, son os alicerces da nosa democracia, por iso unha vez máis, queremos reivindicar o cumprimento da lei de Costas, das resolucións do Ministerio de Transición Ecolóxica e do sentir da meirande parte da cidadanía, que non pode entender como hoxe en día, só uns poucos privilexiados, poden acceder a todo o perímetro da illa de Toralla.

O artigo 27 da lei de costas di: “La servidumbre de tránsito recaerá sobre una franja de 6 metros, medidos tierra adentro a partir del límite interior de la ribera del mar. Esta zona deberá dejarse permanentemente expedita para el paso público peatonal... En lugares de tránsito difícil o peligroso, dicha anchura podrá ampliarse en lo que resulte necesario, hasta un máximo de 20 metros”.

Por suposto, ninguén pide o acceso ás parcelas privadas, somos demócratas e só pedimos o cumprimento do ordenamento xurídico.

ESTE SÁBADO 28 DE XUÑO ÁS 11:30 H, POR MAR DENDE O PORTO DE CANIDO E POR TERRA DENDE O INICIO DA PONTE, ÚNETE A ESTA REIVINDICACIÓN PACÍFICA.

NO PORTO DE CANIDO HABERÁ 20 KAYAKS DOBRES DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN, PARA 40 REMEIROS VOLUNTARIOS.

Grazas polo teu apoio.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

martes, 17 de junio de 2025

CHARLA FORMATIVA


 Bo día.

Apúntate a esta xornada de formación apta para calquera persoa.

Hoxe faise imprescindible ter unha identificación electrónica no teu dispositivo, por iso consideramos fundamental avanzar nunha dixitalización universal accesible para tódalas persoas, sen importar idades nin coñecementos previos. Trámites administrativos habituais como solicitar un volante de empadroamento, outras solicitudes, queixas, suxestións, licencias, permisos, comunicacións previas, etc, pódense facer sen moverse da casa.

Será o próximo mércores 25 de xuño ás 10:30 h no Local Social.

Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

miércoles, 11 de junio de 2025

taller TEATRO NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA


 TEATRO NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA

Este venres 13 de xuño ás 20:00 h, teremos a unha nova oportunidade desfrutar do mellor teatro, combinado risas e emocións, con dúas xeniais obras do Taller de Teatro Espazo + 60 de “LA FUNDACIÓN” que representarán a comedia: “MENTIRAS Y SECRETOS” e o drama: “YERMA”

Entrada libre ata completar aforo.

Grazas polo teu apoio.

jueves, 5 de junio de 2025

FESTIVAL CORAL DE PRIMAVERA


 Este sábado 7 de xuño ás 20:00 h, poderemos gozar do apaixonante festival coral  de primavera, o que xa é un clásico cada ano nestas datas en San Miguel de Oia.

Este ano actuaran:

·         Coral Polifónica Agarimo de Torneiros.

·         Coral Cantares de Xinzo

·         Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia

Entrada libre ata acadar aforo.

Grazas polo voso apoio.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 23 de mayo de 2025

TEATRO


 Mañá sábado 24 de maio ás 20:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, poderás desfrutar dunha nova obra de teatro da man duns magos da interpretación: o GRUPO DE TEATRO RUEIRO, coa súa comedia: PROFESIÓN PRECARIA.

A risa é unha terapia máxica, non te perdas esta oportunidade de rir cos teus.

Acceso libre ata acadar aforo.


Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

miércoles, 14 de mayo de 2025

DIA DAS LETRAS GALEGAS


 Bo día.

Este Sábado 17 de maio, celebra o Día das Letras Galegas na túa Asociación Veciñal. Ás 19:00 h o mellor teatro do mundo para escachar de risa coas TEATREIRAS DE SAN MIGUEN DE OIA e o TALLER DA FUNDACIÓN, interpretando as comedias curtas: “LAVANDEIRAS”, “LA VIDA” e “SANI-DAD”. Despois do teatro, poderás degustar o tradicional ChouriOia, con chouripán de balde para tódolos asistentes.

Anímate a participar cos teus, nada ten sentido se vós. 


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 24 de abril de 2025

BURLESQUE NIGHT


 Este sábado 26 de abril ás 21:30 h, no auditorio de San Miguel de Oia, a compañía “ROTO E DESCOSIDA” vainos sorprender con seu novo “BURLESQUE NIGHT”, un show para adultos respectuoso ao tempo que sensual e sarcástico.

Non o esquezas, todo ten sentido cando ti estás.

Grazas polo teu apoio.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

lunes, 21 de abril de 2025

RECIBOS 2025


 Bo día.

Socios e Socias da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia, xa están dispoñibles os recibos anuais de socio. só para os que non o teñades domiciliado no banco, pregamos pasedes polas oficinas do local social, de luns a venres, antes de fin de maio, de 18:00h a 21:00h.
De tódolos xeitos, tamén pasaremos polos domicilios dos socios que non poidades achegarvos ao local social.

Moitas grazas polo voso apoio e colaboración.

Saúdos cordiais.
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.


 Coma tódolos anos, xa temos negociado coas navieiras as viaxes as illas para a Asociación de Veciños de San Miguel de Oia; xa podes reservar de luns a venres nas oficinas da AVV ou chamando ao telefono 600402223 de 18:00 h a 20:00 h.

Prezos: Socio 15€, non socio 18€, nen@s de balde ata 12 anos (incluidos).

Estas son as datas previstas, sempre dende Vigo, lembra que o prazo de reserva remata 15 días antes de cada data:

Cies:

·        Xoves 19/06/2025

·        Domingo 29/06/2025

·        Domingo 06/07/2025

Ons:

·        Domingo 13/07/2025


Desfrutemos do noso entorno natural con responsabilidade.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

jueves, 10 de abril de 2025

CONCERTO


 Non te perdas este domingo 13 de abril, o sensacional concerto polo 93 aniversario da Banda de Música Lira de San Migel de Oia; será ás 19:00 h no Auditorio do Centro Cultural.

Grazas polo teu apoio.

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

domingo, 9 de marzo de 2025

A CORAL CASABLANCA NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA


 O día 5 de abril ás 20:00 h, teremos o privilexio de recibir no auditorio de San Miguel de Oia, á CORAL CASABLANCA DE VIGO.

Con motivo deste memorable Concerto, e en previsión de que os nosos socios poidan facelo coa súa butaca reservada, disporán gratuitamente de dúas entradas por socioata completar aforo.

A recollida das entradas só para socios, será: de luns a xoves de 18:00 h a 20:00 h, presencialmente nas oficinas da Asociación de Veciños, dende o 10 de marzo, ata o 2 de abril.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 7 de marzo de 2025

TEATRO


 Bo día.

Este domingo 9 de marzo ás 19:00 h, temos unha nova cita coa comedia teatral, desta volta da man da compañía: TEATRO A CIVIDADE, que vainos facer máis felices se cabe, coa representación da súa obra: AMOR DIÑEIRO SAÚDE.

Acceso libre ata acadar aforo.

Anota ben => DOMINGO => comedia => escachar de risa.

Saúdos cordiais

viernes, 28 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025


 Bo día.

Un ano máis imos celebrar o entroido nas instalacións da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia; será o vindeiro martes 4 de marzo (festivo local), a partir das 18:00 h, contaremos coa animación do grupo “OCIO INFANTIL MÁIS QUE BRINCOS”, que van ter entretidos a tódolos peliqueiros. Haberá tres estupendos premios para a cativada, elixidos nun animado desfile de entroido no hexágono.

Por suposto, non faltarán orellas de carnaval de balde para toda a veciñanza que se acheguen a desfrutar deste día trouleiro.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

martes, 18 de febrero de 2025

ASAMBLEA XERAL

 Bo día.

Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, convocada para o domingo 23/02/2025 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.

ORDE DO DÍA:

         Lectura e se procede, aprobación da acta anterior.

         Balance do exercicio 2024.

         Orzamentos para o exercicio 2025.

         Memoria de actos e actividades.

         Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.

         Proxecto de humanización de Cesáreo Vázquez.

         Proxecto de modificación de Avd. Ricardo Mella.

         Altas e Baixas de socios.

         Rogos e preguntas.

A asemblea é a mellor canle de información, participación e motivación veciñal, queremos sentir un pobo unido. sen a vosa presencia, nada tería sentido.

grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 3 de enero de 2025

CHEGAN OS REIS





 Xa o temos todo preparado. Este domingo 5 de xaneiro ás 17:30 h, os Reis Magos e o seu séquito real, virán a San Miguel de Oia, para espertar a ilusión e a fantasía dos nenos e nenas que queiran vir a saudalos. Serán recibidos no auditorio do Local Social, onde temos preparada unha sensacional animación de acollida e chuches para todos.

Os cativos poderán contarlles as súas Maxestades o ben que se portaron, para así ser merecedores dos agasallos que repartirán pola noite por tódalas casas de San Miguel de Oia.

A ilusión e a ledicia dos pequenos, é unha das meirandes motivacións para nós nestes senlleiros días.

Desexámosvos o mellor dos agasallos => Saúde, cariño, e moito tempo para desfrutalo.

E para rematar un día inesquecible, a Cantina ten preparada una máxica cea de reis, a partir das 21:00 h, cun delicioso menú especial, en bo ambiente e con música en directo (Reservar no tel: 638 04 63 09).

Grazas polo voso apoio.

Unha forte aperta da Directiva da AVV de San Miguel de Oia.

Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.


HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer