A Constitución e o resto do ordenamento xurídico, son os alicerces da nosa democracia, por iso unha vez máis, queremos reivindicar o cumprimento da lei de Costas, das resolucións do Ministerio de Transición Ecolóxica e do sentir da meirande parte da cidadanía, que non pode entender como hoxe en día, só uns poucos privilexiados, poden acceder a todo o perímetro da illa de Toralla.
O artigo 27 da lei de costas di: “La servidumbre de tránsito recaerá sobre una franja de 6 metros, medidos tierra adentro a partir del límite interior de la ribera del mar. Esta zona deberá dejarse permanentemente expedita para el paso público peatonal... En lugares de tránsito difícil o peligroso, dicha anchura podrá ampliarse en lo que resulte necesario, hasta un máximo de 20 metros”.
Por suposto, ninguén pide o acceso ás parcelas privadas, somos demócratas e só pedimos o cumprimento do ordenamento xurídico.
ESTE SÁBADO 28 DE XUÑO ÁS 11:30 H, POR MAR DENDE O PORTO DE CANIDO E POR TERRA DENDE O INICIO DA PONTE, ÚNETE A ESTA REIVINDICACIÓN PACÍFICA.
NO PORTO DE CANIDO HABERÁ 20 KAYAKS DOBRES DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN, PARA 40 REMEIROS VOLUNTARIOS.
Grazas polo teu apoio.