Non te perdas este domingo 13 de abril, o sensacional concerto polo 93 aniversario da Banda de Música Lira de San Migel de Oia; será ás 19:00 h no Auditorio do Centro Cultural.
Grazas polo teu apoio.
Saúdos cordiais
Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.
Grazas polo teu apoio.
Saúdos cordiais
Con motivo deste memorable Concerto, e en previsión de que os nosos socios poidan facelo coa súa butaca reservada, disporán gratuitamente de dúas entradas por socio, ata completar aforo.
A recollida das entradas só para socios, será: de luns a xoves de 18:00 h a 20:00 h, presencialmente nas oficinas da Asociación de Veciños, dende o 10 de marzo, ata o 2 de abril.
Este domingo 9 de marzo ás 19:00 h, temos unha nova cita coa comedia teatral, desta volta da man da compañía: TEATRO A CIVIDADE, que vainos facer máis felices se cabe, coa representación da súa obra: AMOR DIÑEIRO SAÚDE.
Acceso libre ata acadar aforo.
Anota ben => DOMINGO => comedia => escachar de risa.
Un ano máis imos celebrar o entroido nas instalacións da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia; será o vindeiro martes 4 de marzo (festivo local), a partir das 18:00 h, contaremos coa animación do grupo “OCIO INFANTIL MÁIS QUE BRINCOS”, que van ter entretidos a tódolos peliqueiros. Haberá tres estupendos premios para a cativada, elixidos nun animado desfile de entroido no hexágono.
Por suposto, non faltarán orellas de carnaval de balde para toda a veciñanza que se acheguen a desfrutar deste día trouleiro.
Bo día.
Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, convocada para o domingo 23/02/2025 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.
ORDE DO DÍA:
• Lectura e se procede, aprobación da acta anterior.
• Balance do exercicio 2024.
• Orzamentos para o exercicio 2025.
• Memoria de actos e actividades.
• Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.
• Proxecto de humanización de Cesáreo Vázquez.
• Proxecto de modificación de Avd. Ricardo Mella.
• Altas e Baixas de socios.
• Rogos e preguntas.
A asemblea é a mellor canle de información, participación e motivación veciñal, queremos sentir un pobo unido. sen a vosa presencia, nada tería sentido.
grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.
Os cativos poderán contarlles as súas Maxestades o ben que se portaron, para así ser merecedores dos agasallos que repartirán pola noite por tódalas casas de San Miguel de Oia.
A ilusión e a ledicia dos pequenos, é unha das meirandes motivacións para nós nestes senlleiros días.
Desexámosvos o mellor dos agasallos => Saúde, cariño, e moito tempo para desfrutalo.
E para rematar un día inesquecible, a Cantina ten preparada una máxica cea de reis, a partir das 21:00 h, cun delicioso menú especial, en bo ambiente e con música en directo (Reservar no tel: 638 04 63 09).
Grazas polo voso apoio.
Unha forte aperta da Directiva da AVV de San Miguel de Oia.
Temos unha boa nova => ábrese o período de inscrición para un obradoiro de baile para maiores de 65 anos. É unha actividade gratuíta, financiada polo Concello de Vigo, dentro do programa de Avellentamento Activo. Reserva xa a túa praza nas oficinas da Asociación de Veciños, de 18:00 h a 20:00 h, ou chamando ao teléfono 600 40 22 33.
Neste concertazo escoitaremos música do gran compositor internacional Óscar Navarro, dirixida por el mesmo, e cunha selección de músicos entre os que están algúns dos nosos compañeiros. Será unha inmellorable oportunidade de gozar dun espectáculo inesquecible.
As entradas pódense mercar en Ópera Prima ou na oficina da Agrupación Musical Lira hoxe mesmo, de 19:00 a 21:00 h, a un prezo de 10 €.
Aprenderás como darlle saída aos refugallos orgánicos que xeras na casa, obtendo un estupendo fertilizante natural para a horta e o xardín.
No mesmo acto, xa poderás facer a solicitude do teu propio composteiro.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Agardámosvos, so precisades ganas de divertirvos, podedes vir con ou sen parella, malo será...
Este fin de semana no auditorio de San Miguel de Oia, en dúas sesións: sábado 16 ás 19:00 h e domingo 17 ás 18:00 h, a Agrupación Musical Lira, volve a sorprendernos cun gran concerto de luxo => SERAFÍN ZUBIRI E A BANDA DE MUSICA LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA.
Non te quedes sen a túa entrada que podes adquirir nos puntos de venda indicados no carel.
Este sábado 9 de novembro ás 19:00 h, tes unha nova cita para gozar dunha marabillosa obra de teatro, da man da xenial directora Mónica Sueiro, dirixindo ao seu grupo: “NON SI? TEATRO”, que representará a obra: “FORESTAS”, con escenas dos bosques de William Shakespeare e Federico García Lorca.
Agardámoste coma sempre, con entrada libre ata acadar aforo.
E coma sempre, entrada libre de balde. Podes vir con ou sen parella, o único requisito é que veñas co desexo de pasalo ben.
E se ademais queres cear, podes reservar mesa e menú na Cantina, chamando ao tel: 638 04 63 09.
Este sábado 5 de outubro ás 19:30 h, gran evento musical no auditorio de San Miguel de Oia, coas actuacións de tres das mellores corais do momento:
· Coral Polifónica Ferrolá do Casino Tenis Club (A Coruña)
· Coral "Voces e Cordas" de Sobrado do Bispo (Ourense)
· Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia (Vigo)
Dende a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, queremos facer un chamamento especial a toda a veciñanza, para participar neste acto, apoiando aos rapaces e rapazas, mozos e mozas, que forman parte deste proxecto deportivo, e por suposto agradecer e darlle impulso a todo o equipo de colaboradores altruístas, que traballan incansablemente cada día con ilusión, para dar vida ao San Miguel Club de Fútbol.
Grazas polo voso apoio
Non te perdas o baile social que celebraremos este sábado 24 de agosto a partir das 23:00 h no hexágono do local social.
Tódolos ritmos, tódolos estilos, incluída toda a imaxinación que lle queiras poñer. Con ou sen parella, para bailaríns ou bailarinas de calquera nivel, mesmo se bailas coma pato mareado, o importante é socializar e pasalo ben.
Por suposto, a entrada é librede balde.
Agardámoste.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Veciñas e veciños, hoxe queremos lembrarvos que acudades este sábado 6 de xullo ás 11:30h, á manifestación pola SEGURIDADE E HUMANIZACIÓN DA AVD. CESÁREO VÁZQUEZ, para reclamar coa voz de toda a veciñanza, o que tantas veces temos reclamado nos despachos.
Quedamos na rotonda de Canido.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
· Coral Polifónica Senior Campus de Vigo
· Coral Polifónica SCD Atlántida de Matamá
· Coral Polifónica Lira de San Migel de Oia
Non volo perdades.
Coma sempre, entrada libre de balde para tódolos públicos.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
E coma sempre, entrada libre de balde ata acadar aforo.
Grazas polo voso apoio.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Una oportunidade única de coñecer a compartir experiencias co mestre de mestres, na cúpula do Ioga mundial.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Por iniciativa conxunta da Comisión de Fondos de Liñares e da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia, convocamos a toda a veciñanza, a unha asemblea extraordinaria para impulsar as nosas tradicións e en particular neste caso, as festas dos Liñares.
Será o domingo 16 de xuño as 11:00 h, no auditorio da Asociación de Veciños
Grazas de antemán pola vosa participación e motivación aos vosos achegados.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Este sábado 8 de xuño ás 18:00 h, non te perdas a xenial película “CIUDADANO KANE” de Orson Welles.
E se tamén che apaixonan os debates, estas convidad@ a participar no debate coloquio posterior á proxección.
Coma sempre, a entrada e libre ata acadar aforo (427 butacas)
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Poderás coñecer de primeira man o movemento cultural, deportivo e social da túa asociación veciñal.
Grazas polo teu apoio
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
Bo día.
Este venres 17 de maio, celebra o día das letras
galegas na túa Asociación de Veciñal. Dende as 19:00 h poderás degustar o
tradicional ChouriOia, con chouripán de balde para tódolos asistentes, e o
xenial espectáculo da bautucada “LENHA VERDE”, maila troularía que de seguro
imos artellar entre todos.
Anímate a participar cos teus, nada ten sentido se
vós.
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.