CALENDARIO DE ACTIVIDADES

jueves, 26 de septiembre de 2024

presentacion san miguel c.f.


 Este Domingo 29 de setembro ademais de celebrar a festividade do noso patrón, temos un novo motivo de celebración ás 17:00 h no campo de Fútbol da Pirucha, pois terá lugar a presentación das distintas categorías de equipos que forman o noso entrañable SAN MIGUEL C.F.

Dende a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, queremos facer un chamamento especial a toda a veciñanza, para participar neste acto, apoiando aos rapaces e rapazas, mozos e mozas, que forman parte deste proxecto deportivo, e por suposto agradecer e darlle impulso a todo o equipo de colaboradores altruístas, que traballan incansablemente cada día con ilusión, para dar vida ao San Miguel Club de Fútbol.

Grazas polo voso apoio


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer