Este venres 11 de outubro ás 20:00 h, nova sesión de baile no local social da AVV de San Miguel e Oia. Desta volta contamos co patrocinio do Concello, cun DJ especial para animar o evento dentro do programa “BAILES EN VIGO”.
E coma sempre, entrada libre de balde. Podes vir con ou sen parella, o único requisito é que veñas co desexo de pasalo ben.
E se ademais queres cear, podes reservar mesa e menú na Cantina, chamando ao tel: 638 04 63 09.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario