Bo día.
Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, convocada para o domingo 23/02/2025 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.
ORDE DO DÍA:
• Lectura e se procede, aprobación da acta anterior.
• Balance do exercicio 2024.
• Orzamentos para o exercicio 2025.
• Memoria de actos e actividades.
• Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.
• Proxecto de humanización de Cesáreo Vázquez.
• Proxecto de modificación de Avd. Ricardo Mella.
• Altas e Baixas de socios.
• Rogos e preguntas.
A asemblea é a mellor canle de información, participación e motivación veciñal, queremos sentir un pobo unido. sen a vosa presencia, nada tería sentido.
grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario