CALENDARIO DE ACTIVIDADES

jueves, 20 de junio de 2019

CHARLA SOBRE A HISTORIA DE SAN MIGUEL


SAN XOAN 2019

Boas tardes
Este ano, e co espírito de colaboración que debe caracterizar a Asociación de Veciños, decidimos apoiar e traballar conxuntamente, coa Comisión de Festas dos Liñares, para celebrar a festividade de San Xoán; unha Comisión de Festas renovada, chea de enerxía e ilusión, que está a facer e continuará facendo sen dúbida, un gran traballo para manter as nosas tradicións. Por iso, queremos convidar a tódolos veciños, a participara nos actos que terán lugar este fin de semana:
1.       Sábado 22/06
As 20:30h => Conferencia do noso ilustre veciño Bernardo Vázquez, no auditorio do Local Social, co tema “Apuntes sobre a historia de San Miguel de Oia

2.       Domingo 23/06
 As 11:00h, no peirao de Canido => Exposición de embarcacións tradicionais.
 As 13:00h no torreiro de Liñares => Sesión Vermú amenizada polo grupo FLASHBACK.
As 14:00 no torreiro de Liñares => Xantar popular: sardiñas, chourizos, empanadillas, callos, crioburguers...
 As 19:00h na praia de Canido  => Segunda varada de embarcacións tradicionais e actuación das Pandereteiras XOLDA.
As 21:30h no torreiro de Liñares => Actuación de ALBERTO CUNHA  e Gran Sardiñada que rematará co Conxuro da Queimada. E por suposto, cando toque, Gran fogueira de San Xoán.
Haberá tamén unha CARPA - INCHABLE INFANTIL.

Achégate e participa con toda a veciñanza.

Saúdos Cordiais.
A Directiva da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, en colaboración ca Comisión de Festas dos Liñares.

viernes, 7 de junio de 2019

ESPECTÁCULO ESTE FIN DE SEMANA NO LOCAL SOCIAL DA AVV DE SAN MIGUEL DE OIA.

Bos días.
Dende a AVV de San Miguel de Oia, queremos convidarte ao espectáculo que estamos preparando para este fin de semana no Local Social, co eixo central, mañá sábado as 20:30h no auditorio, pero tamén con unha exposición que poderás desfrutar dende esta tarde, ata o domingo, no hall de entrada.
Non te perdas o arte de Xistra, se non os coñeces, tes a mellor oportunidade de coñecelos este fin de semana, non te deixarán indiferente.
Esperámoste, pois sen ti non somos ninguén.

Saúdos cordiais
A Directiva da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

miércoles, 5 de junio de 2019

O CLUB DE REMO DA PARROQUIA ORGANIZA CAMPAMENTOS DE VERAN

HORARIO DE 9:00 A 14 horas de lunes a viernes desde el 1 de julio a 23 de agosto.

Precio 120€ por quincena 0 80€ por semana ( seguro incluido)

martes, 14 de mayo de 2019

FESTIVAL DE CORAIS


VISITAS DOS PARTIDOS POLITICOS

PROXECTOS  POLÍTICOS PARA VIGO E EN PARTICULAR PARA A NOSA PARROQUIA
Dende a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, queremos aproveitar a cita  electoral do 26 de maio, para que os principais candidatos a Alcaldía de Vigo, veñan a nosa Asociación Veciñal, a explicarnos o seu proxecto para Vigo e en particular para a nosa parroquia.
Ca intención de recibir a información directamente dos candidatos e aproveitar a oportunidade, para que calquera veciño poida expoñerlles as súas inquedanzas, temos convidados a: PSOE, PP, MAREA e BNG.
Polo momento temos xa pechadas as seguintes citas:
* Este martes 14/05/2019 as 19:30h teremos a Elena Muñoz, candidata do PP DE VIGO.
* Este mércores 15/05/2019 as  20:30h, teremos a Rubén Pérez candidato DA MAREA DE VIGO.
Se o tempo o permite, a posta en común, será no exterior, nos xardíns do Local Social.
Nos vindeiros días, esperamos ter resposta das outras forzas políticas, que tamén foron convidadas. Iremos informando en canto teñamos pechadas as datas.

Saúdos
A Directiva da Asociación Veciñal de San Migue de Oia

sábado, 16 de marzo de 2019

SEGUIMOS CON ACTUACIONS NO AUDITORIO

Negras Sombras MEDO-LARES
Cancioneiro da Represión
Poemas e cancions de autoría propia sobre feitos reais acontecidos durante a Guerra Civil Española en San Miguel de Oia e Coruxo.
Historias de mulleres, homes, familias, a vida....contados por veciñas e veciños.
Medios que se meteron nas médulas e nos fogares.
Sábado 23 de Marzo de 2019 as 19,30 H.
No auditorio da A.V.V. de San Miguel de Oia.

jueves, 7 de marzo de 2019

TEATRO AGARIMO


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA domingo 10/03/2019 as 11:00

Boas.
Dende a Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, informámoste, que o próximo domingo 10/03/2019, ás 11:00 h, celebraremos a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, no auditorio do noso Local Social.
Gazas de antemán pola túa asistencia e participación activa.

ORDE DO DIA:
·        Lectura e se procede, aprobación da acta anterior.
·        Presentación da actual organización da Xunta Directiva.
·        Balance do exercicio 2018 xa pechado.
·        Orzamentos do novo exercicio 2019.
·        Memoria de actos e actividades realizados, así como futuros proxectos.
·        Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.
·        Altas e Baixas de socios.
·        Rogos e preguntas.
 Saúdos: 
A Xunta Directiva    

martes, 26 de febrero de 2019

ROBO DO CRUCEIRO DE LIÑARES

Hoxe dia 26/02/2019 o cruceiro que estaba enfrente da igresia de liñares foi roubado, o parroco Don Benito a cursado a correspondente denuncia e a informado que o cruceiro fora unha donación de un veciño e que a iglesia dicidiu colocar nesta situación.  Dende a A.VV. de veciños de San Miguel queremos amosar a nosa repulsa e compromiso co patrimonio da nosa parroquia e dar publicidade o incidente para axudar a recuperalo.


Roban un cruceiro de la Iglesia de Liñares en Canido


jueves, 17 de enero de 2019

AVISO IMPORTANTE


Despois dun traballo arduo e intenso, a nova Xunta Directiva da A.VV. de San Miguel de Oia, realizou unha recollida de información dos seus socios, co obxectivo de actualizar a nosa base de datos, deste traballo saíron un pequeno número de socios, que debendo algún recibo, non foi posible a súa localización e cobro, polo que transcorrido un período de tempo, seguindo os estatutos, serán dados de baixa. Pregamos que si crees podes ser un deles, ben porque os teus datos han cambiado e non podemos localizarte ou porque cres que non has pagado a cuota do ano 2018, te poñas en contacto ca Asociación para regularizar a túa situación, ben por teléfono (986 46 05 46)  entre as 18:00 e as 20:00, por e-mail(avoia@hotmail.com) ou pasando polo Local Social de luns a venres entre as 18:00 e as 20:00.   Tamén pode aproveitar calquera socio, para actualizar os seus datos ou amplialos, tales como: numero de telefono móbil, e-mail, dirección, parentes o seu cargo, etc. O ter unha base de datos actualizada, fará que a Asociación desenrole mellor o seu traballo e facilitará a comunicación cos seus socios.   Se non tes domiciliado o pago, pregamos que o fagas; o cobro en man é traballoso e complicado, e non aporta valor engadido a labor da Xunta Directiva, que debería focalizar toda a súa enerxía, en mellorar a vida dos veciños e facer que o Local Social sexa un verdadeiro centro Socio-Cultural e Deportivo, punto de encontro para toda a veciñanza.   Aproveitamos para que ademais de isto, nos podas trasladar calquera suxestión ou oportunidade de mellora que consideres.   Moitas grazas pola túa colaboración.
 

domingo, 9 de diciembre de 2018

MEMORIA DE OIA

Se queredes saber un pouco mais da historia da nosa Parroquia, neste Blog o tedes material. Esta creado por un veciño que colaborará con nos nunha futura exposicion  historico-fotografica da parroquia.





HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer