PROXECTOS POLÍTICOS PARA VIGO E EN PARTICULAR PARA A NOSA PARROQUIA
Dende a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, queremos aproveitar a cita electoral do 26 de maio, para que os principais candidatos a Alcaldía de Vigo, veñan a nosa Asociación Veciñal, a explicarnos o seu proxecto para Vigo e en particular para a nosa parroquia.
Ca intención de recibir a información directamente dos candidatos e aproveitar a oportunidade, para que calquera veciño poida expoñerlles as súas inquedanzas, temos convidados a: PSOE, PP, MAREA e BNG.
Polo momento temos xa pechadas as seguintes citas:
* Este martes 14/05/2019 as 19:30h teremos a Elena Muñoz, candidata do PP DE VIGO.
* Este mércores 15/05/2019 as 20:30h, teremos a Rubén Pérez candidato DA MAREA DE VIGO.
Se o tempo o permite, a posta en común, será no exterior, nos xardíns do Local Social.
Nos vindeiros días, esperamos ter resposta das outras forzas políticas, que tamén foron convidadas. Iremos informando en canto teñamos pechadas as datas.
Saúdos
A Directiva da Asociación Veciñal de San Migue de Oia
Obtener Outlook para Android
No hay comentarios:
Publicar un comentario