Bo día.
Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, convocada para o domingo 22/02/2026 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.
ORDE DO DÍA:
- Lectura e se procede, aprobación das actas anteriores
- Balance económico do exercicio 2025.
- Orzamentos para o exercicio 2026.
- Memoria de actos e actividades.
- Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.
- Proxecto de humanización de avd. Cesáreo Vázquez.
- Proxecto de modificación de avd. Ricardo Mella.
- Altas e baixas de socios.
- Procesos xudiciais.
- Relevo da Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas.
Grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario