Bo día.
Este sábado 8 de novembro, témosche preparada unha boa troula no local social de San Miguel de Oia. Coma todos os anos nestas datas, celebraremos o tradicional magosto, con castañas de balde para tódolos asistentes. Os asadores estarán a pleno funcionamento, para empezar a repartir castañas a partir das 18:30 h; e para que non falte a rexouba, por alí andarán as nosas pandereteiras e gaiteiros coa súa buliciosa algueirada.
Grazas polo teu apoio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario