Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
miércoles, 12 de noviembre de 2025
miércoles, 5 de noviembre de 2025
MAGOSTO
Bo día.
Este sábado 8 de novembro, témosche preparada unha boa troula no local social de San Miguel de Oia. Coma todos os anos nestas datas, celebraremos o tradicional magosto, con castañas de balde para tódolos asistentes. Os asadores estarán a pleno funcionamento, para empezar a repartir castañas a partir das 18:30 h; e para que non falte a rexouba, por alí andarán as nosas pandereteiras e gaiteiros coa súa buliciosa algueirada.
Grazas polo teu apoio.
HISTORIA DA ASOCIACIACION
PLANO PARROQUIA
FINES DA ASOCIACION
BANCO DE FOTOS