CALENDARIO DE ACTIVIDADES

jueves, 10 de abril de 2025

CONCERTO


 Non te perdas este domingo 13 de abril, o sensacional concerto polo 93 aniversario da Banda de Música Lira de San Migel de Oia; será ás 19:00 h no Auditorio do Centro Cultural.

Grazas polo teu apoio.

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

domingo, 9 de marzo de 2025

A CORAL CASABLANCA NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA


 O día 5 de abril ás 20:00 h, teremos o privilexio de recibir no auditorio de San Miguel de Oia, á CORAL CASABLANCA DE VIGO.

Con motivo deste memorable Concerto, e en previsión de que os nosos socios poidan facelo coa súa butaca reservada, disporán gratuitamente de dúas entradas por socioata completar aforo.

A recollida das entradas só para socios, será: de luns a xoves de 18:00 h a 20:00 h, presencialmente nas oficinas da Asociación de Veciños, dende o 10 de marzo, ata o 2 de abril.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 7 de marzo de 2025

TEATRO


 Bo día.

Este domingo 9 de marzo ás 19:00 h, temos unha nova cita coa comedia teatral, desta volta da man da compañía: TEATRO A CIVIDADE, que vainos facer máis felices se cabe, coa representación da súa obra: AMOR DIÑEIRO SAÚDE.

Acceso libre ata acadar aforo.

Anota ben => DOMINGO => comedia => escachar de risa.

Saúdos cordiais

viernes, 28 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025


 Bo día.

Un ano máis imos celebrar o entroido nas instalacións da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia; será o vindeiro martes 4 de marzo (festivo local), a partir das 18:00 h, contaremos coa animación do grupo “OCIO INFANTIL MÁIS QUE BRINCOS”, que van ter entretidos a tódolos peliqueiros. Haberá tres estupendos premios para a cativada, elixidos nun animado desfile de entroido no hexágono.

Por suposto, non faltarán orellas de carnaval de balde para toda a veciñanza que se acheguen a desfrutar deste día trouleiro.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

martes, 18 de febrero de 2025

ASAMBLEA XERAL

 Bo día.

Prégase encarecidamente a tódolos socios da Asociación Veciñal Socio-Cultura e Deportiva de San Miguel de Oia, a súa asistencia á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, convocada para o domingo 23/02/2025 no auditorio do Local Social, ás 10:30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda.

ORDE DO DÍA:

         Lectura e se procede, aprobación da acta anterior.

         Balance do exercicio 2024.

         Orzamentos para o exercicio 2025.

         Memoria de actos e actividades.

         Expedientes abertos en infraestruturas da parroquia.

         Proxecto de humanización de Cesáreo Vázquez.

         Proxecto de modificación de Avd. Ricardo Mella.

         Altas e Baixas de socios.

         Rogos e preguntas.

A asemblea é a mellor canle de información, participación e motivación veciñal, queremos sentir un pobo unido. sen a vosa presencia, nada tería sentido.

grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

viernes, 3 de enero de 2025

CHEGAN OS REIS





 Xa o temos todo preparado. Este domingo 5 de xaneiro ás 17:30 h, os Reis Magos e o seu séquito real, virán a San Miguel de Oia, para espertar a ilusión e a fantasía dos nenos e nenas que queiran vir a saudalos. Serán recibidos no auditorio do Local Social, onde temos preparada unha sensacional animación de acollida e chuches para todos.

Os cativos poderán contarlles as súas Maxestades o ben que se portaron, para así ser merecedores dos agasallos que repartirán pola noite por tódalas casas de San Miguel de Oia.

A ilusión e a ledicia dos pequenos, é unha das meirandes motivacións para nós nestes senlleiros días.

Desexámosvos o mellor dos agasallos => Saúde, cariño, e moito tempo para desfrutalo.

E para rematar un día inesquecible, a Cantina ten preparada una máxica cea de reis, a partir das 21:00 h, cun delicioso menú especial, en bo ambiente e con música en directo (Reservar no tel: 638 04 63 09).

Grazas polo voso apoio.

Unha forte aperta da Directiva da AVV de San Miguel de Oia.

Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.


HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer