CALENDARIO DE ACTIVIDADES

lunes, 29 de septiembre de 2025

TALLER DE TEATRO


 Bo día

Ven a probar sen compromiso este xoves 2 de outubro ás 18:30 h, a nova actividade de TALLER DE TEATRO. Será o primeiro día de taller, presentación e toma de contacto coas compañeiras e compañeiros deste proxecto, cuxo obxectivo, é pasalo moi ben, aprender a interpretar, e se cabe, emprender a aventura de actuar nos mellores escenarios do mundo, como é o de San Miguel de Oia 😊😉.

Saúdos cordiais

Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

martes, 23 de septiembre de 2025

FAVECFEST 2025


 Bo día.

A federación de Asociacións veciñais (FAVEC), convidavos á gran festa veciñal que se celebrará no Circulo Mercantil de Vigo o venres 26 e o sábado 27 de setembro, na que poderedes desfrutar de activiades para toda a familia. 
Facémosvos chegra o correo que nos mandou a FAVEC.
A asistencia é gratuíta, incluído o autobús se fora requirido, dentro das actuacións musicais, está prevista a dun grupo tan importante para San Miguel de Oia, como é o grupo Quarzum.

Saúdos cordiais.
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

miércoles, 3 de septiembre de 2025

FESTIVAL CORAL


 Bo día.

Non te perdas este sábado 6 de setembro ás 19:00 h, o sensacional Festival Coral de San Miguel de Oia, con tres das mellores corais da contorna:

·         Coral Polifónica CVC de Valladares.

·         Coral Polifónica Perla do Atántico (Alcabre).

·         Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia.


Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

lunes, 1 de septiembre de 2025

PRESENTACION ACTIVIDADES


 Bo día.

Xa estamos organizando o novo curso de actividades, de feito algunhas delas xa empezaron, e coma tódolos setembros, imos presentarvos as novidades deste curso 2025-2026. Será no auditorio, este venres 5 de setembro ás 19:30 h. Achégate para informarte e inscríbete antes de que se esgoten as prazas.

Grazas polo teu apoio.

Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

HISTORIA DA ASOCIACIACION

PLANO PARROQUIA

PLANO PARROQUIA

FINES DA ASOCIACION

Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.

BANCO DE FOTOS

A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer