Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES
viernes, 21 de junio de 2024
jueves, 13 de junio de 2024
TEATRO
Este sábado 15 de xuño ás 20:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, a comedia teatral en pura esencia. Non volo perdades, as risas están aseguradas con: AS TEATREIRAS DE OIA, que interpretaran o seu novo traballo: “POLA HONRA DA FAMILIA” e cos actores e actrices invitados de: OS TALLERES DA FUNDACIÓN, que interpretarán dúas divertidas xenialidades tituladas: “SÓLO SE VIVE UNA VEZ” e “INFORMATIZÁNDOSE”.
E coma sempre, entrada libre de balde ata acadar aforo.
Grazas polo voso apoio.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
miércoles, 12 de junio de 2024
CONFERENCIA PUBLICA
Durante a súa estancia en España, o Geshe Lama Dangsong Namgyal, visitará a cidade de Vigo, e teremos o privilexio de recibilo este fin de semana no Centro Socio Cultural de San Miguel de Oia. O Lama dará unha conferencia pública con tradución simultánea, este venres 14 de xuño, ás 19:00 h no auditorio, con acceso libre ata a acadar aforo; posteriormente o sábado e o domingo haberá cursos específicos para afondar na meditación.
Una oportunidade única de coñecer a compartir experiencias co mestre de mestres, na cúpula do Ioga mundial.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
viernes, 7 de junio de 2024
ASAMBLEA VECINAL
Por iniciativa conxunta da Comisión de Fondos de Liñares e da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia, convocamos a toda a veciñanza, a unha asemblea extraordinaria para impulsar as nosas tradicións e en particular neste caso, as festas dos Liñares.
Será o domingo 16 de xuño as 11:00 h, no auditorio da Asociación de Veciños
Grazas de antemán pola vosa participación e motivación aos vosos achegados.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
CINEFORUN
Este sábado 8 de xuño ás 18:00 h, non te perdas a xenial película “CIUDADANO KANE” de Orson Welles.
E se tamén che apaixonan os debates, estas convidad@ a participar no debate coloquio posterior á proxección.
Coma sempre, a entrada e libre ata acadar aforo (427 butacas)
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
HISTORIA DA ASOCIACIACION
PLANO PARROQUIA
FINES DA ASOCIACION
BANCO DE FOTOS




