Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES
viernes, 30 de junio de 2023
viernes, 23 de junio de 2023
SAN XOAN THE WILD
ESTE ANO O SAN XOAN NO PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA
Dentro das actividades do festival "The Wild", os seus organizadores van preparar unha sardiñada este venres 23 de xuño; sardiñas que estarán no seu punto a prezos populares sobre as 21:00 h.
Dende a Asociación veciñal de San Miguel de Oia, queremos apoiar a este grupo de entusiastas da parroquia, que traballan duro para que "The Wild" se consolide ano tras ano, como o festival na natureza de referencia do verán galego.
Nos pasquíns adxuntos, poderedes atopar un resumo das actividades deste longo fin de semana no monte de San Miguel de Oia.
Animámosvos a participar e desfrutar.
Grazas polo voso apoio.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
martes, 13 de junio de 2023
CINE NO LOCAL SOCIAL
Este venres 16 de xuño ás 20:00h, no Auditorio de
San Miguel de Oia, temos un compromiso co medio ambiente. Proxectaremos a
película “Alegría” de Luís Otero Zarazo, que nos fará viaxar pola Costa da
Morte, rememorando os días e as consecuencias do naufraxio do Prestixe.
Esta actividade está enmarcada no arranque do gran
festival na natureza “The Wild”, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de xuño
no Parque Forestal de San Miguel de Oia.
Agardámoste este venres, e lembra que sen ti nada
ten sentido. Entrada de balde ata acadar aforo (427 butacas).
Grazas
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.
jueves, 8 de junio de 2023
HISTORIA DA ASOCIACIACION
PLANO PARROQUIA
FINES DA ASOCIACION
BANCO DE FOTOS




