Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES
sábado, 23 de diciembre de 2023
martes, 12 de diciembre de 2023
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA E PÚBLICA, COMISIÓN DE FONDOS – FESTAS DOS LIÑARES
Bo día.
Dende a Asociación de Veciños, difundimos esta convocatoria a toda a veciñanza de San Miguel de Oia polo interese xeral suscitado.
A xuntanza terá lugar no palco do torreiro dos Liñares.
DATA: Domingo 17 de decembro, 2023
HORA: 1ª convocatoria 11:00h
2ª convocatoria 11:30h
LUGAR: Palco dos Liñares (Torreiro dos Liñares)
puntos do día:
1º- Renovación de membros da Comisión de Fondos
2º- Presentación de contas Comisión de festas 2022
3º- Presentación de contas Comisión de festas 2023
4º- Presentación de contas da Comisión de Fondos (2022-23)
5º- Previsión de gastos 2024: reformas e mantenemento
6º- Chamamento a unha nova Comisión de festas para 2024
7º- Rogos e preguntas
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
lunes, 27 de noviembre de 2023
sábado, 18 de noviembre de 2023
CINEFORUM
Este sábado 18 de novembro, ás 18:00 h, nova sesión de cinefórum cunha gran película do cine dos 60`s: “LOS PARAGUAS DE CHERBURGO”, protagonizada por Catherine Deneuve, Nino Castelnuovo e Anne Vernon
Coma sempre, despois da proxección, haberá un interesante debate-coloquio na mesma sala.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
viernes, 13 de octubre de 2023
CINEFORUM
Este sábado 14 de outubro, ás 18:00 h, nova sesión
de cinefórum. Desta volta, poderemos gozar da película: “EL PROFESOR CHIFLADO”,
protagonizada por Jerry Lewis.
Coma sempre, despois da proxección, haberá un
interesante debate-coloquio na mesma sala.
sábado, 23 de septiembre de 2023
viernes, 8 de septiembre de 2023
PRESENTACION ACTIVIDADES
Este venres 08
de setembro ás 19:30h, imos dar entrada oficial ao novo curso de actividades
2023/2024. Como tódolos anos nestas datas, faremos unha presentación no
auditorio, onde explicaremos os detalles e novidades da nova temporada.
Podes probar sen compromiso calquera das
actividades, tanto as novas como as de sempre, xa sexa para aprender, coidar o
teu corpo ou as túas emocións. Temos unhas incribles instalacións, un acolledor
ambiente veciñal e diversidade para tódolos gustos. Non deixes pasar a oportunidade
de probar un día.
Grazas polo teu apoio.
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.
viernes, 7 de julio de 2023
FESTIVAL BANDAS DE MUSICA
Este
sábado 8 de xullo ás 19:30 h, no auditorio de San Miguel de Oia.
Cita
inesquecible coa mellor música en directo.
Paixón
pola música, paixón pola nosa cultura.
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.
jueves, 6 de julio de 2023
viernes, 30 de junio de 2023
viernes, 23 de junio de 2023
SAN XOAN THE WILD
ESTE ANO O SAN XOAN NO PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA
Dentro das actividades do festival "The Wild", os seus organizadores van preparar unha sardiñada este venres 23 de xuño; sardiñas que estarán no seu punto a prezos populares sobre as 21:00 h.
Dende a Asociación veciñal de San Miguel de Oia, queremos apoiar a este grupo de entusiastas da parroquia, que traballan duro para que "The Wild" se consolide ano tras ano, como o festival na natureza de referencia do verán galego.
Nos pasquíns adxuntos, poderedes atopar un resumo das actividades deste longo fin de semana no monte de San Miguel de Oia.
Animámosvos a participar e desfrutar.
Grazas polo voso apoio.
Saúdos cordiais
Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
martes, 13 de junio de 2023
CINE NO LOCAL SOCIAL
Este venres 16 de xuño ás 20:00h, no Auditorio de
San Miguel de Oia, temos un compromiso co medio ambiente. Proxectaremos a
película “Alegría” de Luís Otero Zarazo, que nos fará viaxar pola Costa da
Morte, rememorando os días e as consecuencias do naufraxio do Prestixe.
Esta actividade está enmarcada no arranque do gran
festival na natureza “The Wild”, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de xuño
no Parque Forestal de San Miguel de Oia.
Agardámoste este venres, e lembra que sen ti nada
ten sentido. Entrada de balde ata acadar aforo (427 butacas).
Grazas
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.
jueves, 8 de junio de 2023
miércoles, 31 de mayo de 2023
FESTIVAL FIN DE CURSO
Este sábado 3 de xuño ás 19:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, gran festa exhibición de actividades. Participa neste sensacional día, no que algúns dos distintos grupos de actividades desenvolvidas no local social, van culminar o curso da mellor maneira, compartindo o seu saber facer con todos nós.
VIAJE POLO DOURO
*17, 18, 19 y 20 SEPTIEMBRE
Gran viaje en crucero por el Duero * , desde Peso da Regua ( Portugal) a la Frontera de Salamanca. Desayuno a bordo y comida, rura con vista preciosas. Y tour en la provincia de Salamanca para visitar las siguientes poblaciones: Alba de Tormes, Guijuelo, Ledesma , Hervas y Salamanca . Vendrás fascinado/a. Todo incluido : autocar , crucero con desayuno y comida a bordo, resto de los días hotel en pensión con excursiones y visitas a los lugares indicados. No hay habitaciones individuales. Precio 355 euros
* al hacer la reserva se entrega 150€ *y se reserva en este ☎️ 600402223 o en la asociación de lunes a viernes de 18:00 a 20:00
viernes, 26 de mayo de 2023
CINEFORUM,
Nova sesión de Cinefórum no auditorio de San Miguel de Oia, este sábado 27 de maio ás 18:00h.
Desta volta, a cineforummanía alíase con "Rufufú da el golpe".
Non o esquezas, sen ti nada ten sentido.
E coma sempre, de balde ata acadar aforo (427 butacas).
viernes, 12 de mayo de 2023
lunes, 8 de mayo de 2023
jueves, 4 de mayo de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
sábado, 22 de abril de 2023
FESTIVAL FOLK
Bo
día.
Un
dos selos de identidade de Galicia, é a nosa música folk, por iso queremos
convidarte este sábado 22 de abril, ás 18.00 h, no auditorio de San Miguel de
Oia, a desfrutar do noso xeitoso festival folk. Non o podes perder, porque é da
casa coma os mellores ovos, e porque actúa a nosa xente con moita ilusión.
Lembra que nada ten sentido sen ti.
De balde ata acadar aforo (427 butacas).
Grazas pola túa participación.
Saúdos
cordiais
Asociación
Veciñal de San Miguel de Oia.
jueves, 13 de abril de 2023
TEATRO
Este sábado 15 de abril ás 20:00 h, vas poder
desfrutar dunha das mellores producións teatrais do momento, da man da compañía
“DE STE XEITO” que traerá unha boa dose de risas, coa súa
suorenta comedia “RUNNING” . En escena, unha actriz e un actor
que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta
vertixinosa comedia.
Que non cho conten, comparte cultura e entretemento.
Auditorio de San Migue de Oia para o mundo.
Entrada libre de balde ata acadar aforo (427
butacas)
Lembra que nada ten sentido se ti.
miércoles, 12 de abril de 2023
miércoles, 5 de abril de 2023
sábado, 11 de marzo de 2023
martes, 7 de marzo de 2023
HISTORIA DA ASOCIACIACION
PLANO PARROQUIA
FINES DA ASOCIACION
BANCO DE FOTOS




