Benvid@s ao blog da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia. Esta e a páxina creada co obxectivo de ser o punto de encontro, en internet, de todos os veciños da parroquia. Desexamos que sexa do teu agrado e se tes calquera dúbida ou suxestión poidas poñerte en contacto connosco, dirixíndose ás instalacións do asociación ou ben por correo electrónico. (Ver sección "CONTACTO") ou deixando o teu comentario.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES
miércoles, 26 de junio de 2019
martes, 25 de junio de 2019
viernes, 21 de junio de 2019
jueves, 20 de junio de 2019
SAN XOAN 2019
Este ano, e co espírito de colaboración que debe caracterizar a Asociación de Veciños, decidimos apoiar e traballar conxuntamente, coa Comisión de Festas dos Liñares, para celebrar a festividade de San Xoán; unha Comisión de Festas renovada, chea de enerxía e ilusión, que está a facer e continuará facendo sen dúbida, un gran traballo para manter as nosas tradicións. Por iso, queremos convidar a tódolos veciños, a participara nos actos que terán lugar este fin de semana:
1. Sábado 22/06
As 20:30h => Conferencia do noso ilustre veciño Bernardo Vázquez, no auditorio do Local Social, co tema “Apuntes sobre a historia de San Miguel de Oia
2. Domingo 23/06
As 11:00h, no peirao de Canido => Exposición de embarcacións tradicionais.
As 13:00h no torreiro de Liñares => Sesión Vermú amenizada polo grupo FLASHBACK.
As 14:00 no torreiro de Liñares => Xantar popular: sardiñas, chourizos, empanadillas, callos, crioburguers...
As 19:00h na praia de Canido => Segunda varada de embarcacións tradicionais e actuación das Pandereteiras XOLDA.
As 21:30h no torreiro de Liñares => Actuación de ALBERTO CUNHA e Gran Sardiñada que rematará co Conxuro da Queimada. E por suposto, cando toque, Gran fogueira de San Xoán.
Haberá tamén unha CARPA - INCHABLE INFANTIL.
Achégate e participa con toda a veciñanza.
Saúdos Cordiais.
A Directiva da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, en colaboración ca Comisión de Festas dos Liñares.
viernes, 7 de junio de 2019
ESPECTÁCULO ESTE FIN DE SEMANA NO LOCAL SOCIAL DA AVV DE SAN MIGUEL DE OIA.
Bos días.
Dende a AVV de San Miguel de Oia, queremos convidarte ao espectáculo que estamos preparando para este fin de semana no Local Social, co eixo central, mañá sábado as 20:30h no auditorio, pero tamén con unha exposición que poderás desfrutar dende esta tarde, ata o domingo, no hall de entrada.
Non te perdas o arte de Xistra, se non os coñeces, tes a mellor oportunidade de coñecelos este fin de semana, non te deixarán indiferente.
Esperámoste, pois sen ti non somos ninguén.
Saúdos cordiais
A Directiva da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.
miércoles, 5 de junio de 2019
O CLUB DE REMO DA PARROQUIA ORGANIZA CAMPAMENTOS DE VERAN
HORARIO DE 9:00 A 14 horas de lunes a viernes desde el 1 de julio a 23 de agosto.
Precio 120€ por quincena 0 80€ por semana ( seguro incluido)
Precio 120€ por quincena 0 80€ por semana ( seguro incluido)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
HISTORIA DA ASOCIACIACION
PLANO PARROQUIA
FINES DA ASOCIACION
Acercamiento entre Administración e Cidadanía. Conseguir os cidadáns e as máis activas e comprometidas xera sinerxías no lugar. Buscar o feedback nos proxectos, para que a Administración sexa capaz de manexar o retorno dos mesmos e proxectar os seus resultados. Organizar aos veciños da Parroquia para a mellor defensa e representación do mesmo. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños @ s. Velar pola defensa dos valores culturais, históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medioambientais, etc. Representar os intereses veciños ante as Administracións, Institucións ou Entidades. Promover o desenvolvemento social e económico no pobo. Impulsar a realización ou mellora de obras de interese público, sanidade, policía, limpeza, educación, transporte, etc., así como velar polo bo estado e funcionamento das mesmas. Intervén de forma activa no melloramento do nivel cultural do seu territorio territorial, para o que desenvolverá as diversas actividades correspondentes, como poden ser: deportivas, musicais, folclóricas, teatrais, conferencias, etc. Velar pola moralidade pública no seu ámbito territorial e propagar un ambiente de concordia e fraternidade entre os habitantes do mesmo. Organizar conferencias, cursillos, charlas culturais e de información xeral e variada, concertos de música e calquera outro actos de carácter cultural.
BANCO DE FOTOS
A asociación se planteou ampliar e catalogar os seus arquivos fotográficos. A tales efectos se agradecería a todo posuidor de fotografías relacionadas coa parroquia que deposita no Local Social onde, unha vez escaneadas e tomadas debido ao contido e procedencia das mesmas, procederá á súa devolución. Senon tamen poden enviarnoslas o email. . Queremos facer hincapié na importancia que ten para o barrio a recuperación da súa memoria histórica así como o evitar a dispersión destes documentos que inevitablemente acabarían por desaparecer




